Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria do noroeste da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Coñecemento do entorno próximo, local e rexional, e a súa Historia.
Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia, nunha perspectiva comparada.
40 A1
A3
B1
C4
C5
D1
D10
Traballo Realizarase un traballo colaborativo con diversas actividades que finalizan na entrega dun documento e que deberá ser exposto.
Os resultado de aparedizaxe valorados son:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partires do uso de fontes e intrepretacións historiográficas.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
30 A4
A5
B3
D3
D7
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesora.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controveridos ou de interese xeral.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
20 A4
A5
B3
D3
D7
D9
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controveridos ou de interese xeral.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
10 A4
A5
B3
D3
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000