Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
20 A4
D5
D9
Traballo tutelado Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica e análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas.
25 A3
C18
C23
D3
D4
D12
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral
5 C17
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos de la materia, a estruturación lóxica das ideas, a conciencia evolutiva dos distintos procesos históricos, a claridade expositiva, o espírito crítico, a madureza do estilo literario (sintaxe, léxico, ortografía, etc.) e a coherencia expositiva a través de dúas probas de avaliación que poderán incluír tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas, composicións de texto histórico, etc. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos sobre 10.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia.
40
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado e da súa participación activa, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado que se acolla á modalidade semipresencial poderá seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumnado a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O/a estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o profesorado dispoña como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). O alumnado que non poida acollerse á avaliación continua será avaliado da totalidade dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data de realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como na parte práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000