Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a realización de dous exames (parciais). Cada un deles inclúe preguntas de resposta curta e un exercicio práctico. Para superar a materia será preciso acadar, en cada un de ditos exames, unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica e coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 60 A1
C16
C19
Obradoiro Presentación e análise crítica de materiais relacionados cos contidos da materia, traballados previamente ou debatidos na aula. Valorarase o grao de participación dos/os alumnos/as en devanditos debates. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuades e o pasado e respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. 10 A4
B5
D9
Resolución de problemas Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos criterios fixados polo docente, dos exercicios e materiais elaborados na sesión prácticas. Pode incluír a realización dalgún cuestionario. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos apresos a partir do uso de fontes históricas e bibliográficas. 20 A4
B3
C19
D4
D9
D11
D14
Autoavaliación Valoración e avaliación do traballo autónomo do alumnado, mediante a realización dos cuestionarios de autoavaliación sobre os contidos da materia a través de Moddle. Computaranse as respostas correctas. Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica e coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 10 C16
C19
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nolos os seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través do TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá Todos/as os/os alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar o exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma de todas as tarefas) serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que respresentará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asinado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000