Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado. 10 C12
Traballo tutelado Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e o seu uso correcto e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica ou no traballo con fontes históricas e análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas:
15 A4
B3
D4
D9
D11
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
5 C13
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito. Valoraranse os coñecementos teóricos da disciplina, a estruturación lóxica das ideas, a conciencia evolutiva dos distintos procesos históricos, a claridade expositiva, o espírito crítico, a madureza do estilo literario (sintaxe, léxico, ortografía, etc.) e a coherencia expositiva. Todo elo mediante probas de avaliación que poderán incluír preguntas ou temas de resposta longa ou de desenvolvemento, comentarios e composicións de texto histórico, incluíndo o comentario de gráficas, imaxes, textos escritos, etc., e cuestións de resposta breve orientadas a determinar a adquisición dos conceptos básicos da materia polo alumnado. Para superar a materia será preciso acadar unha cualificación mínima de 3 puntos dun máximo de 6.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada e coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica.
60 A1
C16
C19
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado e da súa participación activa a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. 10 A4
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado que se acolla á modalidade semipresencial poderá seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumnado a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O/a estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o profesorado dispoña como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). O alumnado que non poida acollerse á avaliación continua será avaliado da totalidade dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data de realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en cada unha das probas que conforman a parte práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000