Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada. Territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica; Razoamento crítico e argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación.
50 B3
C5
C6
C9
D1
D2
D4
D5
D7
D16
Traballo Presentación e defensa polo alumnado dos resultados obtidos (pequena investigación) sobre a temática da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio; Capacidade de interpretación dos paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco.
40 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula, no campo e na plataforma de teledocencia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica; Razoamento crítico e argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación. Habilidade en realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se acolla á
modalidade semipresencial poderá seguir a materia a través do Curso Virtual na
plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o
acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución
dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto
co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumnado a través das TIC farase a partir
das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O/a estudante deberá
cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación
continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o profesorado dispoña como
imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia
teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de
Estudantes da Universidade de Vigo). O alumnado que non poida acollerse á
avaliación continua será avaliado da totalidade dos contidos do programa da
materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un
traballo obrigatorio que representará un 30% desta. O devandito traballo deberá
estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e
entregarase coincidindo coa data de realización do mesmo en cada convocatoria.
En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo
mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación
mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como na parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000