Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Os coñecementos adquiridos serán avaliados mediante un proba de preguntas obxectivas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica
40 C16
C19
Traballo Realizarase un traballo colaborativo con diversas actividades que finalizan na entrega dun documento e que deberá ser exposto.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
30 A3
A4
B5
C13
D4
D7
D10
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesora.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
20 A4
D4
D7
Observación sistemática En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a participación activa do alumnado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
10 A5
B3
C23
D2
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto
co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).



O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000