Lección maxistral |
O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
Exposición por parte do profesor das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos.
As clases serán gravadas e subidas a FAITIC.
|
Eventos científicos |
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e/ou a Facultade de Historia.
Se ben a asistencia a esta actividade non é obrigatoria, sería recomendable se houbese a posibilidade de asistir a toda ou a parte.
de non ser posible a súa celebración presencial, substiuiríase por unha actividade on line.
|
Resolución de problemas |
Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula ou na aula virtual relacionados cos contidos expostos nas sesións maxistrais que inclúan a análise e comentario crítico das fontes propias da historia antiga, a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas e a análise e interpretación de materiais gráficos e audiovisuais.
|