Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a realización de dous exames (parciais). Cada un deles inclúe preguntas de resposta curta e un exercicio práctico. Para superar a materia será preciso acadar en cada un de ditos exames unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
ii. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
iii. Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
60 A1
B2
C14
C16
C20
C22
D1
D11
D15
Obradoiro Presentación e análise crítica dos materiais traballados mediante a participación activa do alumno nos debates e discusións.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
10 A2
A3
C12
C20
C22
D1
D3
D11
Resolución de problemas Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. Pode incluír a realización dalgún cuestionario.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Análise dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
ii. Elaboración de traballos básicos e de iniciación
20 A2
A3
D1
D3
D11
Autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle. Computaranse as respostas correctas.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
10 A2
A5
C16
C22
D3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios e liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar un exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se podan acoller á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma de todas as tarefas), serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas de desenvolvemento, así como preguntas de resposta curta e un exercicio práctico, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción do mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000