Obradoiro |
A avaliación realizarase mediante a elaboración dun informe, dossier ou memoria de prácticas.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado |
10 |
A3
|
B3
|
C23
|
D1
|
Autoavaliación |
Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle. Computaranse as respostas correctas. Os resultados dos procesos da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos métodos para o estudo da estrutura diacrónica dos procesos históricos
ii. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado |
10 |
A2 A5
|
|
|
D5
|
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisiciójn das competnecias e consecucion dos resulados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma procentaxe de nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos/as os/as estudantes matriculados/as na materia teñen dereito a ser avaliados/as mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma de todas as tarefas), serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, na que se incluirán preguntas de desenvolvemento, así como preguntas de resposta curta e un exercicio práctico, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción do mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos). |