Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Realización dun cuestionario (subido á plataforma) para autoavaliar os coñecementos previos sobre a Historia Antiga.
Debate na aula ou no campus remoto sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos
Lección maxistral O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido. As exposicións serán previamente gravadas e subidas á plataforma FaiTic

Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e/ou a Facultade de Historia. Na medida do posible é recomendada a súa asistencia; en caso contrario, serán gravadas e deberán visualizarse de xeito virtual.
Obradoiro Análise individual do material práctico subido a plataforma, na súa maioría textos clásicos que fan referencia á teoría impartida.
Realizarase un debate sobre o texto, analizando e interpretando esa fonte primaria; neste caso, de xeito complementario, se deberá entregar un título e un resumo das ideas principais e secundarias. Se non é posible participar do debate (presencial ou virtual) a reflexión farase por escrito, e entregarse no apartado de tarefas da plataforma Moodle. As dúbidas poden ser consultadas polas vías explícitas no apartado de atención personalizada. Máxima extensión dúas carillas A4.
Traballo tutelado Deberase escoller un tema relacionado coa relixión en Exipto ou en Grecia (dos propostos na lista ou a iniciativa propia)
Seminario Aclaración de dúbidas sobre a materia, tanto daquelas relacionadas ca teoría, como cas diversas prácticas (seminarios, traballos tutelados).
Presentación O traballo tutelado sobre relixión será seleccionado dunha lixtase ou ben a proposta do alumnado. Pode ser realizado por 1 ou 2 persoas. O traballo será entregado na plataforma, na tarefa correspondente, en formato PDF ou en Power Point.
O traballo expoñerase na aula ou no campus remoto en aproximadamente 15 minutos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000