Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos da materia a través de Moodle.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Dominio dos instrumentos de recompilación de información en Humanidades.
10 A3
A5
B6
C18
C23
D1
D5
D11
Cartafol/dossier O alumnado elaborará e entregará a través de Moodle informes pormenorizados sobre o proceso de procura e selección das fontes de información integradas no traballo de curso, así como a valoración das fontes seleccionadas que incluirá bibliografía final e notas ao rodapé.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Dominio dos instrumentos de recomplilación de información en Humanidades. Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información e destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
20 A3
A5
B6
C7
C18
C23
C30
D1
D5
D7
D11
Traballo O alumnado elaborará e presentará un traballo no que se recollerán e valorarán todas as fontes de información necesarias para elaborar un estudo sobre un mosteiro galego.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información e destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
30 A4
A5
B6
C6
C23
C30
C32
C34
D1
D5
D6
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado examinarase dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia (40%).

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos recursos de recompilación e búsqueda de información xerais. Destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información.
40 A4
A5
C18
C23
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

A/o estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o profesorado dispoña como imprescindibles.

Todo o alumnado matriculado na materia ten dereito a dispor como alternativa de probas de avaliación global (Artigo 64.g dos Estatutos da Universidade de Vigo). Aqueles estudantes que non se acollan á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita (45% da nota final) e un traballo obrigatorio que recollerá, valorará e citará as fontes de información necesarias para o estudo dun mosteiro galego (55% da nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000