Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Introdución á etnoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O bloque I será avaliado mediante unha proba que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, ou preguntas abertas cortas).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico
40 A4
C13
C17
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Relacionados con todos os bloques realizarase a resolución dunha serie de exercicios no prazo establecido polas profesoras.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado
20 B3
C12
D5
D16
Traballo Para avaliar os bloques II-III realizarase un traballo colaborativo con diversas actividades que finalizan na entrega dun documento. O traballo colaborativo será exposto por un dos membros do grupo elixido ao chou e a cualificación será igual para todos os mebros do grupo. A avaliación será por pares, 50% profesor e 50% os propios alumnos que cubrirán unha ficha
Resultados de aprendizaxe avaliados: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos.
Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado
30 A3
B3
C12
D5
D9
D16
Observación sistemática En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a participación do alumnado.
Resultados de aprendizaxe avaliados: Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretacón das sociedades preestatais e do cambio histórico.
10 A4
C13
C17
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial o remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña etc...).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no trancurso da avaliación contínua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000