Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado realizará un cuestionario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Física. As cuestións plantexadas requiren una resposta estructurada e reflexiva.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía; Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
60 A1
B1
C1
C3
D1
D4
D7
D15
Presentación Entrega e exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes (presencial e virtual) dun tema sobre contidos da materia inserido nos resultados do traballo tutelado. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
30 B3
C6
C8
D4
D7
D11
D15
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poderán seguir a materia a través da plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante una proba que suporá o 70% da nota final e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000