Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma de contacto docente/alumnado que inclúe presentación da materia, información do nivel de coñecementos do grupo, adquisición dos conceptos fundamentais e realización de pequeñas tarefas instrumentais.
Lección maxistral Explicación dos contidos e desenvolvemento de acción formativas de razoamento, análise e síntese polo docente no ámbito da teoría da materia.
Eventos científicos Conferencias, faladoiros, debates e xornadas que permiten afondar nos aspectos teórico-prácticos da materia.
Saídas de estudo Aplicación dos coñecementos a situación concretas, fora do espazo académico, para adquisición de habilidades e destrezas básicas.
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
Foros de discusión Actividades desenvolvidas nun contorno virtual na que se debaten temas diversos e de
actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000