Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Química e Bioquímica Alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Habida conta do carácter semipresencial deste Máster, únicamente será preciso establecer medidas excepcionais para aquelas accións que de forma habitual requiren pesencialidade. A continuación descríbense brevemente as medidas a adoptar:

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

No caso de docencia 100% non presencial manteranse todas as metodoloxías adaptándoas ás aulas virtuais dispoñibles no Campus Remoto da Universidade de Vigo. Neste senso compre sinalar que o traballo de aula representa unha porcentaxe pequena das horas totais de adicación do estudante e fundamentalmente están dirixidas a orientar aso alumnos no acceso aos contidos teóricos necesarios para desenvolver a materia, na forma de resolver os supostos prácticos que se plantexen, e na elaboración e presentación do traballo tutelado.

* Metodoloxías docentes que se modifican.
Tendo en conta o exposto anteriormente, ningunha das metodoloxías propostas requiren de modificación de importancia

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor. En caso de dificultades de algun alumno para conectar co Campus remoto, recurrirase a correo electrónico ou teléfono

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:

Non proceden cambios

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:

A bibliografía da materia está xa concebida considerando que a materia xa contempla en gran medida a auto-aprendizaxe, polo que non precisa de ampliacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Realizanrase nas condicions nas que se levan a cabo nas condicions normais de semipresencialidade.

As probas de avaliación consistentes en exposición e defensa dos casos propostos e do Traballo Tutelado realizaranse a través do campus Remoto.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000