Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Climatoloxía física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas Sesións Maxistrais farase unha explicación previa dos obxectivos de cada tema. A teoría impartirase empregando un método expositivo ao mesmo tempo que se convidará ao alumno á participación directa. Estas sesións de desenvolverán en aulas con axuda dun computador con canón de proxección e unha lousa.
Seminario Realizaranse seminarios nos que se desenvolverán con máis detalle puntos destacados do programa. Considerarase fundamental proporcionar orientación e motivación no proceso de aprendizaxe, así como convidar o alumnado á participación activa. A resolución razoada de cuestións curtas é unha das maneiras máis eficientes de estimular a aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000