Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Ecoloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MODALIDADE MIXTA:
1.1. ADAPTACIÓN DE METODOLOXÍAS:
Manterase a organización da modalidade presencial, mediante a utilización do Campus Remoto para a impartición de clases maxistrais e seminarios.

1.2. AVALIACIÓN:
O sistema de avaliación será similar á modalidade presencial. O exame realizarase de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas.

1.3. TITORÍAS: As titorías realizaranse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa por email.

2. MODALIDADE NON PRESENCIAL:
2.1. ADAPTACIÓN DE METODOLOXÍAS:
Manterase a organización da modalidade presencial, mediante a utilización do Campus Remoto para a impartición de clases maxistrais e seminarios. Para a realización dos proxectos de prácticas os datos obtidos na saída de campo (modalidade presencial e mixta) substituiranse por datos proporcionados pola profesora.

2.2. AVALIACIÓN:
O sistema de avaliación será similar á modalidade presencial. As diferentes probas de avaliación realizaranse a través da plataforma de teledocencia e o Campus Remoto

2.3. TITORÍAS: As titorías realizaranse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa por email.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000