Avaliación continua:
Para aprobar a materia mediante avaliación continua será obrigatorio asistir a polo menos a 24 horas das 28 presenciais correspondentes ás prácticas en aulas de informática (seminarios) e entregar todas as tarefas propostas para facer fóra da aula (tanto da parte teórica como da parte práctica). Tamén será obrigatorio: i)
entregar unha memoria de prácticas e, ii) entregar, expor e defender
o traballo tutelado.
Ademais o estudante terá que alcanzar polo menos a metade da nota total en cada unha das tarefas que se cualifican:
40% Prácticas en aulas de informática (seminarios), incluíndo a entrega de
exercicios completados en casa (nota necesaria para aprobar a
materia: 2 sobre 4)
30% Memoria de practicas finais (seminarios). (nota necesaria para aprobar a materia: 1.5 sobre 3)
30% Traballo tutelado (nota necesaria para aprobar a materia: 1.5 sobre 3)
No caso de que algún alumno non puidese presentarse á avaliación continua
Deberá entregar o traballo tutelado e a memoria de prácticas, ademais de facer unha proba escrita, debendo obter polo menos a metade da nota en cada unha.
Neste caso as porcentaxes de cualificación serán:
10% Memoria de practicas finais (seminarios). (nota necesaria para aprobar a materia: 0.5 sobre 1)
10% Traballo tutelado (nota necesaria para aprobar a materia: 0.5 sobre 1)
80% Proba escrita (nota necesaria para aprobar a materia: 4 sobre 8)
Avaliación de xullo:
100% Proba escrita (nota necesaria para aprobar a materia: 5 sobre 10).
En caso de
non asistir á proba, ou non aprobala, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos.
Convocatoria fin de carreira
O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado
unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de
non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos.
Datas de exames:
En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro
Extraordinaria: 10 de setembro, 16:00 h
1º ordinaria: 22 de xaneiro, 10:00 h 2º ordinaria: 5 de xullo, 16:00 h |