Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Lexislación ambiental
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo
alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Se a cantidade de alumnado matriculado e as circunstancias sanitarias o esixen, impartirase docencia mixta, a través das Aulas Integra, con rotación do alumnado presente nas aulas.
Se resulta necesario pasar á modalidade de docencia non presencial, a docencia tanto teórica como práctica será impartida de forma telemática a través do Campus Remoto.
Os recursos bibliográficos recollidos na guía e os materiais proporcionados polo profesorado resultan máis que suficientes para facilitar o auto-aprendizaxe.
En todas as modalidades de docencia poderase realizar sesións de titorización por medios telemáticos baixo concertación previa.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN===
Se resulta necesario pasar á modalidade de docencia non presencial, o exame teórico final de preguntas curtas será reemplazado por un exame tipo test a través de faitic e manterase a mesma ponderación das distintas probas que no caso de docencia presencial ou mixta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000