PresentaciónNo ano 1991 créase a Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica en Informática
de Xestión da Universidade de Vigo no Campus de Ourense xunto coa titulación de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, co fin de dar resposta ás necesidades de titulados en Informática que demandaba a sociedade galega. No
ano 1999, tras a concesión a este Centro do segundo ciclo da titulación
de Enxeñería en Informática, cambia o seu nome polo de Escola Superior de Enxeñería
Informática (ESEI).
Actualmente, o Centro oferta as seguintes titulacións:
Grao en Enxeñaría Informática: Titulación adaptada ao EEES que
incorpora dous perfís profesionais diferenciados e de elevado atractivo na contorna socioeconómica galego:
Máster en Enxeñaría Informática: titulación
vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, de 90
ECTS e un curso e medio adaptada ao EEES. Ten como obxectivo dotar ao estudante titulado dunha profunda
formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da
información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías específicas
asociadas a diferentes perfís profesionais deste ámbito. O
titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que
lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse
en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións.
Toda a información relativa ao Centro e as suas titulacións atópase na páxina web esei.uvigo.es.