Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Povisa)

ORGANIZACIÓN

A Escola Universitaria de Enfermería de Povisa, adscrita á Universidade de Vigo, naceu oficialmente no ano 1991, baixo o  patronazgo do Hospital Povisa coa idea de desenvolver unha función docente que consideraba adecuada e beneficiosa para un centro das súas características, formando profesionais de Enfermería que cando terminasen os seus estudos, puidesen pasar a formar parte da División de Enfermería do Hospital, estendendo na actualidade dita filosofía a todos os estamentos sanitarios tanto españois como estranxeiros.

A filosofía do Centro Estudos Povisa é formar profesionais capaces de exercer as funcións específicas de cada unha das titulacións que imparte, así como fomentar o traballo mediante a colaboración con outros profesionais da saúde e chegar a conseguir obxectivos comúns.

E para chegar a esta meta, a formación do alumnado apóiase en tres alicerces fundamentais: O desenvolvemento de clases teórico-prácticas enfocadas á resolución de problemas, impartidas por especialistas en cada unha das materias, o fomento da aplicación práctica dos conceptos teóricos, mediante a avaliación continuada do alumno por medio de titorías, o que ten especial interese sobre todo nos créditos prácticos clínicos, avaliación que se realiza en colaboración cos profesionais das diferentes unidades onde o alumno realiza estes créditos.

 

ÓRGANOS DE GOBIERNO

 Director: ALFONSO GARCÍA SUÁREZ

 Subdirectora: Mª CONCEPCIÓN AGRAS SUÁREZ

 Secretario Académico: ÁNGEL MARCIAL PEREZ

Delegado U. VIGO : RAÚL IGLESIAS BLANCO

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000