Exame de preguntas obxectivas |
Respostas verdadeiro/falso ou múltiples |
20 |
|
B9
|
|
D5 D8 D9
|
Compromiso ético: Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Os alumnos poderán acollerse a un sistema de avaliación continua, no
caso de que asistan á totalidade das clases prácticas. Para poder conservar o dereito a avaliación continua, só se permitirá a ausencia en dúas clases prácticas, sempre que sexa de maneira xustificada, e a condición de que
entreguen os exercicios propostos nas mesmas. O cumprimento do traballo práctico suporá o 20% da nota final. Ademais, realizarase unha proba tipo test en data anunciada ao comezo da docencia da materia e que se desenvolverá en horas do bloque de teoría. Esta proba tipo test suporá ata un 20% da nota final. Esta proba non é recuperable, é dicir,
se un alumno non pode cumprila no prazo estipulado, o profesor non
ten obrigación de repetila. Finalmente, realizarase un exame de contido teórico e práctico na data oficial marcada na planificación docente do curso. Este exame completará o 60% restante da nota final. IMPORTANTE: é imprescindible neste
exame obter unha nota mínima de 4 (nunha escala do 0-10) para
superar a materia. Para os alumnos que non se acollan á avaliación continua, realizarase un único exame que suporá en 100% da nota. |