Alumnos/as con avaliación continua: Para superar a materia establécese a obrigatoriedade de obter no "Exame de preguntas obxectivas" unha nota mínima dun 4 sobre un máximo de 10 puntos e que a suma do total de cualificacións obtidas en todos os epígrafes avaliados sexa superior ou igual a 5. En segunda convocatoria mantéñense as cualificacións obtidas na avaliación continua debendo o/a alumno/a realizar un exame de preguntas obxectivas similar ao realizado en primeira convocatoria e unha proba de resolución de exercicios. Esíxese un mínimo de 4 puntos sobre 10 en ambas probas para sumar a cualificación destas probas á cualificación da avaliación continua.
Alumnos/as con renuncia oficial á avaliación continua: Alumnos/as con renuncia oficial á avaliación continua realizarán un exame final no cal se abordan cuestións teóricas, cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio e proporase a resolución de problemas relacionados co temario da materia. O exame suporá o 100% da nota, e para superar a materia esíxese un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes avaliadas na proba.
Compromiso ético: Espérase que o/o alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0,0). |