Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios e/ou "Probas parciais" que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionados cos conceptos e contidos da materia.

Ó longo do cuadrimestre farase, polo menos, unha proba e cada alumno/a deberá entregar varios exercicos, resoltos de xeito autónomo.

As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo.
25 B3
C19
D2
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas "Exame final" formado por cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.

As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado neste exame é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
24 B3
B4
C19
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios "Exame final" formado por problemas relacionados co temario da materia.

As competencias CE19, CT2 e CT9 avalíanse en base á resolución por parte do alumno de varios problemas de Enxeñería Química, para o cal terá que aplica-los coñecementos adquiridos no Aula.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado neste exame é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
36 C19
D2
D9
D10
Informe de prácticas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no que se recollerán o procedemento seguido na execución da práctica, os resultados experimentais acadados e a análise dos mesmos.

As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.

A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos.
Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
15 B3
B4
D6
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación:

Un/unha alumno/a que"non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes do "exame final" , é dicir, tanto en teoría (Exame de preguntas obxectivas) como en problemas (Resolución de problemas e/ou exercicios). De supera-la nota mínima en ámbalas dúas partes do "exame final", dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa calificacíon final é ≥ 5,0 , é dicir, se a suma das calificacións obtidas nos "Informe de prácticas", na "Resolución de problemas de forma autónoma" e no "exame final" (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) é ≥ 5,0.

Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á Avaliación Continua" , fará un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación dos "informes de prácticas" e da "Resolución de problemas de forma autónoma", polo que os alumnos so deberán face-lo "exame final".

No caso en que, na 1ª convocatoria, un alumno suspendese unha das partes do "exame final" (teoría ou problemas) e aprobase a outra parte cunha nota  ≥ 5, no exame de Xullo soamente terá que repeti-la parte suspensa.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000