Materia do programa English Friendly. Os/As estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.
Nesta materia preténdese dar ao alumnado unha formación sobre os principios fundamentais nos que se basea a Química Orgánica facendo referencia á estrutura e reactividade dos compostos orgánicos. Logo de dous temas xerais, levarase a cabo o estudo detallado da reactividade dos grupos funcionais con enlace múltiple carbono-carbono, (incluíndo os compostos aromáticos) e carbono-osíxeno.