Dado o carácter mixto do máster (presencial e a distancia) e tamén para facer compatible a vida laboral e persoal coa formación, é convinte implementar sistemas de avaliación que permitan superar a materia a aqueles/as estudantes que non asistan regularmente a clase. É por iso que o sistema de avaliación cambia lixeiramente en función do tipo de ensino (presencial ou a distancia) e establece un sistema de avaliación complementario que permite a superación da materia aos/as estudantes que non asistan regularmente a clase. 1.- ENSINO PRESENCIAL 1.1.- AVALIACIÓN CONTINUA O/a estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso, o cal computará o 10% da nota. 1. 2.- EXAME FINAL O/A estudante que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algunha das actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster. O exame computará o 90% da nota final. 2.- ENSINO A DISTANCIA 2. 1.- AVALIACIÓN CONTINUA O/A estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso. A cualificación dos casos prácticos computará un 65% da nota final. 2. 2.- CUESTIONARIO As respostas ao cuestionario achegarán un 35% da nota final |