Resolución de problemas |
Avaliaranse os traballos elaborados polos alumnos, de maneira individual ou grupal, nas actividades de realización de traballos, resolución de problemas, documentación e análise. Poderase tamén avaliar as presentacións dos traballos que se fagan en clase. |
40 |
|
|
C9
|
D16 D17 D18
|
A avaliación anterior é válida para estudiantes que sigan a avaliación continua. As condicións para ser avaliados/as por avaliación continua son: - Para estudantes en modalidade presencial: deberán asistir a un mínimo do 75% das horas presenciais da materia.
- Para estudantes en modalidade virtual: deberán utilizar a plataforma de teledocencia posta á súa disposición de forma suficientemente asidua (tipicamente polo menos cada 2 días) para estar ao tanto do progreso da materia, así como a participación adecuada e regular nas actividades online grupales.
Quen non cumpran estes requisitos considerarase que non seguen a modalidade de avaliación continua. Por tanto serán avaliados por exame final (ver máis abaixo). Alternativamente, o/a estudante que a pesar de cumprir estas condicións non queira ser avaliado por avaliación continua pode renunciar explicitamente á avaliación continua solicitándoo por escrito ao profesor da materia, antes da 3ª semana de docencia. Ou se ao longo do curso acredita documentalmente e de maneira suficiente algunha causa sobrevinda que obxectivamente lle impida seguir a avaliación continua. En caso contrario, todo/a estudante que cumpra as condicións descritas será avaliado/a por avaliación continua. De maneira xeral, para os/as estudantes presenciais ou virtuais, avaliados/as por avaliación continua, que cumprisen todos os requisitos indicados para optar a superar a materia por esta vía, a nota final N obterase como:
N=0,9*A+0,1*B
Sendo: - A o resultado da media ponderada (en función da carga de traballo estimada) das notas obtidas en cada actividade ou ítem avaliable dos apartados de estudo de casos e Resolución de problemas e/ou exercicios.
- E B a nota obtida no apartado de Probas de resposta curta.
Tanto A como B puntuaranse entre 0 e 10.
Entenderase superada a materia se dita nota final N é maior ou igual que 5 sobre 10.
É ademais requisito imprescindible para poder optar a superar a materia por avaliación continua o realizar e entregar, nos prazos marcados para cada modalidade, todas as actividades ou ítems avaliables na parte A e obter unha puntuación igual ou superior a 4 sobre 10 en todas e cada unha delas (de maneira xeral cada módulo da materia constará dun ou máis ítems avaliables). En caso contrario considerarase automaticamente a materia como non superada. Poderán existir actividades de entrega obrigatoria pero que só se avalíen como apta/non apta, nese caso requirirase que sexa entregada e avaliada como apta para para optar a superar a materia, pero non entrarán no cálculo da media A antes mencionada. Para os alumnos que sigan a avaliación continua pero que non cumprisen algún dos requisitos imprescindibles antes descritos para superar a materia na súa correspondente modalidade (entrega de todas as actividades ou ítems avaliables dentro dos prazos, obtención da nota mínima en todas as actividades ou ítems avaliables, nota final resultante >=5), a nota final N nunca poderá superar 4,9 sobre 10, e se calculará por elo como: N=minimo(0,9*A+0,1*B ; 4,9)
É dicir, como se indica na fórmula, a nota final N será o mínimo de entre os valores de (0,9*A+0,1*B) e 4,9.
Os/as estudantes que non sigan a modalidade de avaliación continua, así como aqueles que se presenten ás convocatorias de Xullo ou outras convocatorias extraordinarias que poidan establecerse, poderán escoller entre dúas opcións para superar a materia: 1- Presentarse ao exame presencial que se realizará no centro na data establecida para as convocatorias oficiais da materia, para optar a superar a materia, e obter unha nota maior ou igual a 5 sobre 10. Este examen poderá constar de preguntas cortas, de desenvolvemento, problemas, ou exercicios prácticos sobre calesqueira temas da materia. 2-Realizar e entregar, antes da data do exame, todas as actividades ou ítem avaliables dos apartados de Estudo de casos e Resolución de problemas e/ou exercicios que se teñan plantexado na materia. E presentarse ao exame presencial indicado no punto 1 anterior. Neste caso, a nota final será: N=0,65*A + 0,35 *B sendo A a nota obtida nas actividades dos apartados de Estudo de casos e Resolución de problemas, calculada tal e como se indicou previamente; e B a nota obtida no exame presencial final. En calquera caso o/a estudiante deberá comunicar ó docente cal das dúas opcións (1 ou 2) escolle para ser evaluado/a en caso de non seguir a evaluación continua.
EN CASO DE DUBIDA, DISCREPANCIA, ERRO DE TRADUCCIÓN, INCOMPLETITUDE, INTERPRETACIÓN, OU SIMILAR, PREVALECERÁ O ESPECIFICADO NA VERSIÓN EN CASTELÁN DE ESTA GUIA DOCENTE. |