Dado o carácter mixto do máster (presencial e a distancia) e tamén para facer compatible a vida laboral e persoal coa formación, é convinte implementar sistemas de avaliación que permitan superar a materia a aqueles alumnos que non asistan regularmente a clase. É por iso que o sistema de avaliación cambia lixeiramente en función do tipo de ensino (presencial ou a distancia) e establece un sistema de avaliación complementario que permite a superación da materia a aqueles alumnos que non asistan regularmente a clase. 1.- ENSINO PRESENCIAL 1.1.- AVALIACIÓN CONTINUA O alumno deberá superar todas as probas periódicas e realizar todos os traballos, actividades ou exercicios que propoñan os profesores da materia ao longo do curso, o cal computará o 90% da nota. A nota media obtida nas devanditas probas incrementarase en ata un punto (10% da nota final) se a asistencia participativa a sesións maxistrais, seminarios e resolución de problemas e exercicios iguala ou supera o 80% do total. 1. 2.- EXAME FINAL O alumno que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algún dos traballos, actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster. Neles deberá entregar os traballos ou actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso, podendo conservar as notas das probas superadas e dos traballos ou actividades realizados ao longo do curso. A nota final calcularase exclusivamente en base ás cualificacións obtidas nas probas, actividades e traballos. 2.- ENSINO A DISTANCIA 2. 1.- AVALIACIÓN CONTINUA
O alumno deberá superar todas as probas periódicas e realizar todos os traballos, actividades ou exercicios que propoñan os profesores da materia ao longo do curso. 2. 2.- EXAME FINAL O alumno que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algún dos traballos, actividades ou exercicios, deberá realizar os exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster. Neles deberá entregar os traballos ou actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso, podendo conservar as notas das probas superadas e dos traballos ou actividades realizados ao longo do curso. |