Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Sistemas Normalizados de Xestión: Calidade, Medioambiente, Seguridade e Saúde no Traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta. 30 A1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B11
C9
D4
Traballo Avaliaráse o traballo realizado polo alumnado 70 A1
A4
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C9
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O MAiE segue un sistema de avaliación continua e esixe unha presencialidade mínima do 80%. 

Os alunos/as poderán superar a materia por avaliación continua cumprindo esta presencialidade mínima, presentando e superando os traballos encomendados polo profesor (70% da calificación) e superando un exame de preguntas obxectivas (tipo test) (30% da calificación) que se fará na última hora de clase da materia.

Aqueles alunos/as que non cumpran algunha destas condicións ou non acaden o 50% da cualificación na avaliación continua, terán que acudir á convocatoria oficial. Nas convocatorias oficiais esixirase un exame que avaliará tanto os coñecementos teóricos como prácticos da materia, así como a presentación e superación dos traballos de aula realizados (no caso de que non foran presentados no seu momento).

Observación: Calquera evidencia de traballos ou probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000