Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia e a participación na resolución dos casos e nas diversas cuestións que se expoñan no seminario. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos realizarán un exame teórico/práctico sobre os contidos da materia abordados nas sesións maxistrais e/ou nas clases prácticas. 70
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do cuatrimestre realizaranse probas obxectivas co fin de determinar os coñecementos e competencias adquiridas polos estudiantes nas clases prácticas e maxistrais. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o/a alumno/a suba a súa ficha de estudante á plataforma TEMA antes de que conclúa o primeiro mes de clase.

As cualificacións obtidas nos seminarios e as probas tipo test manterase na segunda convocatoria do curso académico.

Para aprobar a materia é preciso obter un mínimo dun 5 entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame final será de 7, sumándose á puntuación obtida no devandito exame a que correspondense na avaliación continua. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 3.5 sobre 7 no exame final.

Os alumnos que non sigan a avaliación continua ou aqueles que faltasen a máis dun 15 por cento das sesións presenciais terán dereito a un exame final teórico-práctico sobre o 100%, distinto do anterior, no que se avalíe a adquisición de todas as competencias globais da materia.

Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exam: O estudantado realizará un exame teórico-práctico sobre a totlidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: O 100% da cualificación virá determinada polo resultado do exame teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000