Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba en que se expón unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20 A2
A3
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación do resultado final de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de pregunta/*s sobre contidos propios da materia. 80 A1
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreasde coñecemento: A área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público. A  área de Dereito Internacional Público impartirá os temas 1 e 2; 5 e 6; e 11- 13, que serán impartidos na primeira metade do cuadrimestre. A área de Dereito constitucional impartirá as leccións 3 e 4; 7-10 e 14; que serán  impartidas na segunda metade do cuadrimestre. En canto as dúas primeiras semanas do cuadrimestre, que se adican a clases intensivas teóricas, serán impartidas en primeiro luga,r pola Área de Dereito Internacional Público e, a continuación, pola Área de Dereito constitucional.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2019/2020. 

Será condición  imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de desenvolvemento de respostas longas.

PRIMEIRA CONVOCATORIA:
A) A avaliación continua supón un 20 % sobre o total da calificación final e o exame suporá o 80 % restante. Este consistirá nunha proba de desenvolvemento de diferentes preguntas sobre o contido da materia.
*B) Aqueles alumnos que non sigan durante o curso o sistema de avaliación continua ou que non o superaron terán dereito a un exame final que implicará, por unha banda, o desenvolvemento por escrito de diferentes preguntas do programa e suporá o 80% da calificación final, así como  a realización dun suposto práctico que suporá o 20% da calificación restante. 

NA SEGUNDA CONVOCATORIA: Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira convocatoria, coa excepción de que a nota da avaliación continua só se mantén para a convocatoria de xuño e o curso inmediatamente seguinte.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A avaliación contará de preguntas de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico . As preguntas de reposta longa valerán un 80% da nota final; o desenvolvemento dun caso práctico valerá o  20% da nota final. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000