Exame de preguntas obxectivas |
Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. |
40 |
|
|
C3 C6 C7 C9 C10
|
|
Cada estudante poderá optar entre avaliación continua ou exame global da
materia. Serán avaliados a través dun exame global (1) os estudantes
que non se presenten a ningunha proba de avaliación continua e (2) os
estudantes que renuncien á avaliación continua antes do 12 de marzo. Avaliación continua - Un 20% da cualificación obterase pola realización e presentación dun traballo no
que os estudantes revisarán algún caso de competencia. Para un adecuado
desenvolvemento do traballo é preciso que os alumnos coñezan os contidos da
materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir polo menos
a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só os alumnos que cumpran este requisito
poderán presentar o traballo. - Un 20% da cualificación obterase por controis periódicos.
- O 60% restante obterase por un exame global. Para poder aprobar a
materia será imprescindible obter no exame unha puntuación igual ou
superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se cumpre esa condición, a nota final
máxima da materia será de 4,5 puntos.
Como regra xeral, o exame suporá o 60%
da nota. Con todo, aqueles estudantes que superen os controis
periódicos, obtendo 5 ou máis puntos (sobre 10), poderán optar por non
presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos controis
suporá un 80% da nota final. A nota final do que non se presente ao exame será a nota obtida coas restantes probas de
avaliación continua. Exame global O exame incluirá
preguntas relativas aos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao
longo do curso, ademais dalgún caso de competencia. Exame de fin de carreira O exame de fin de carreira suporá o
100% da nota. As datas dos exames poden ser consultadas na
páxina web da Facultade. http://fccee.uvigo.es |