Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica será presencial.
Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50 B1
B10
B11
B14
C6
C12
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (0 a 5 puntos). Realizarase un único exame ó final do cuatrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O exame final constará dunha parte teórica e dunha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total do exame e, como mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica.

No caso de que alumno teña solicitado no plazo establecido que o exame final sexa sobre 10 puntos, no exame final incluiráse unha terceira parte (0 a 5 puntos) que sustituirá ás probas intermedias de avaliación continua. Para iso, nos primeiros 15 días do cuatrimestre habilitaráse un único prazo para que o alumno poda solicitar que o seu exame conte con esta terceira parte e renunciar, polo tanto, ó sistema de avaliación continua.

- Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual, nas sesións prácticas (0 a 5 puntos). As actividades de avaliación continua nas sesións prácticas só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas, agás autorización explícita para algunha práctica dos profesores encargados da materia para asistir a outro grupo no que teña lugar a mesma práctica.

Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

O resultado da avaliación expresaráse nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e, en caso de non ter renunciado á avaliación continua nos primeiros 15 días do cuatrimestre, das notas dos traballos realizados nas prácticas. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10 puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os exames terán lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato do centro. IMPORTANTE: O calendario de exames é publicado ó inicio do curso. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do mesmo por algún imprevisto. Prégase que consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo.

BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases.

- As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable.

- É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

- Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

- O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento.

- Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000