Plan de social media (máximo 20.000 palabras) |
Descrición e análise previa do perfil persoal ou da marca sobre a que se desenvolverá o traballo.
Definición de obxectivos que se pretende alcanzar.
Descrición de audiencias ou público obxectivo.
Creación dunha identidade corporativa gráfica, coas adaptacións necesarias para a utilización dun blogue e en redes sociais.
Descrición da estratexia formulada e as accións propostas. Estas accións deben incluír necesariamente a creación dun blogue e a presenza nun mínimo de tres redes sociais. Desde o punto de vista do contido, será necesario xerar pezas de todo tipo (texto, imaxe, fotografía, audiovisual, infografía...)
Cronograma de desenvolvemento do plan: deberá incluírse unha planificación na que se contemple un mínimo de cinco entradas de blogue e 100 pezas para redes sociais. Para o cómputo de 100 pezas publicadas teranse en conta tanto o contido propio como a curación de contidos de terceiros relacionados coa marca; neste senso, o volume de pezas públicas será a suma das publicacións no conxunto das redes sociais seleccionadas no social media plan.
Descrición das métricas e indicadores que se utilizarán para a avaliación do plan.
|
Memoria de execución |
Creación do portfolio profesional de elementos creados ata a data de entrega do TFM.
Informes de impacto dos contidos executados antes da data de entrega do TFM, conforme á descrición de KPI's formulados no apartado de métricas e indicadores de avaliación.
|