Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance do coñecemento no eido da xestión pública a través dunha investigación orixinal. |
B2 |
Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada. |
B3 |
Capacidade de realizar reflexións e análises críticas sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes. |
B5 |
Habilidade de aplicar coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación. |
B6 |
Habilidade para deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no eido da xestión pública e das ciencias sociais en xeral. |
B7 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) que permita o avance do coñecemento da xestión pública. |
B8 |
Capacidade para resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas relacionados coa xestión pública. |
C1 |
Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas. |
C2 |
Entender os fundamentos da xestión de información e documentación para o desenvolvemento, elaboración e defensa dunha investigación no eido das ciencias sociais tanto en castelán coma en inglés. |
C3 |
Coñecer as principais teorías políticas contemporáneas de xeito exhaustivo. |
C4 |
Coñecer os problemas asociados á práctica política nas democracias actuais. |
C5 |
Coñecer o estado actual dos estudos en Ciencia política e da administración. |
C6 |
Coñecer os efectos da globalización na política e sociedade. |
C7 |
Coñecer os principais paradigmas e enfoques teóricos tanto clásicos como actuais sobre dirección e xestión pública baixo unha perspectiva interdisciplinar de xeito sistemático e profundo. |
C8 |
Coñecer as teorías actuais sobre liderado, fundamentalmente público. |
C9 |
Proporcionar, no curso dunha investigación, unha perspectiva teórica novidosa para entender e explicar un fenómeno do edio da dirección e xestión pública. |
C10 |
Coñecer os compoñentes e lóxica interna de cada unha das fases das políticas públicas de xeito exhaustivo. |
C11 |
Xestionar e dirixir equipos de persoas seguindo os instrumentos proporcionados pola literatura especializada. |
C12 |
Coñecer as fontes teóricas e estratexias de negociación como medio para acadar acordos. |
C13 |
Deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de goberno e administración electrónica. |
C14 |
Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para acadar a excelencia. |
C15 |
Coñecer o valor xerado polas organizacións públicas a través da súa estrutura e procesos de financiamento e orzamentación. |
D1 |
Capacidade de argumentar e defender ideas en base a criterios científicos. |
D2 |
Capacidade de crítica e auto-crítica. |
D3 |
Capacidade de traballo en equipo interdisciplinar. |
D4 |
Capacidade para comunicarse con expertos do mesmo eido e doutros eidos afíns así como con públicos non especializados. |
D5 |
Habilidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no eido das ciencias sociais. |
D6 |
Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo así como nos seus resultados. |