Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Prácticas externas
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Habilidades na procura de información, en relación con fontes de información primarias e secundarias, incluíndo o uso de computadores para procuras en liña
B2 Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
B3 Capacidade de escoita, de lectura comprensiva e habilidades de comunicación oral e escrita
B4 Comunicación a través de Internet e, en xeral, manexo de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia
B5 Ser capaz de interpretar datos derivados das observacións en relación coa súa significación e relacionalos coas teorías apropiadas no ámbito da dirección e xestión pública
B6 Capacidade de perseveranza na realización de tarefas e labores e confianza no propio traballo
B7 Capacidade para a xestión de conflitos interpersoais e inclinación cara á mediación e a negociación
B8 Receptividade ante o cambio (interno e externo) e capacidade de adaptación a novas contornas ou circunstancias (adaptabilidade) e de aprendizaxe
B9 Ser capaz de recoñecer e implementar boas prácticas derivadas de procesos e accións como base para a innovación e a creatividade
B10 Compromiso coa eficacia e a eficiencia do traballo do sector público e outras entidades
B11 Compromiso co respecto persoal na contorna laboral público e privado
B12 Compromiso coa responsabilidade e a honestidade no desempeño laboral público e privado
B13 Compromiso cos Dereitos humanos, a igualdade, a xustiza e o desenvolvemento sustentable.
C1 Coñecer o marco xurídico-legal das administracións públicas españolas
C2 Familiarizarse cos principios básicos da estrutura, organización e funcionamento do sistema constitucional español
C3 Introducir os conceptos económicos e ideas fundamentais para a súa aplicación á análise de realidade económica
C4 Reflexionar sobre os elementos dos sistemas administrativos (institucións, actores, ideas) e comprender o seu funcionamento práctico nun contexto multinivel
C5 Comprender os elementos integrantes dun sistema político e comprender o seu funcionamento práctico
C6 Coñecer o funcionamento institucional e as principais políticas públicas da Unión Europea
C7 Proporcionar as nocións, conceptos e teorías relacionados coa estrutura social e iniciar na análise e interpretación do características socio-estruturais das sociedades contemporáneas
C8 Saber aplicar métodos, modelos e técnicas de datos cualitativos e cuantitativos (estatísticos) para procesos de xestión e dirección pública
C9 Entender o papel das administracións públicas no proceso das políticas públicas e aplicar o método de análise
C10 Comprender a estrutura e funcionamento dos sistemas políticos galego e español nun contexto multinivel
C11 Adquirir os conceptos básicos de contabilidade financeira e as partes do Plan Xeral de Contabilidade aplicable ao sector privado.
C12 Coñecer o réxime xurídico de: expropiación forzosa, bens demaniales e patrimoniais, prestación de servizos públicos, actividade de fomento e a actividade de policía que desenvolve o sector público
C13 Aproximarse ao marco normativo das relacións laborais e da Seguridade Social
C14 Coñecer o réxime xurídico financeiro das Administracións Públicas, o funcionamento económico do Sector Público (ingresos e gastos) e os instrumentos de financiamento do Sector Público (tributos)
C15 Manexar os métodos de xestión dos documentos administrativos e de información das administracións públicas e os seus soportes físicos e telemáticos
C16 Entender as principais achegas da economía pública (teórica e aplicada) e o papel do sector público na economía
C17 Coñecer os modelos de xestión de recursos humanos no Sector Público, xestión estratéxica e o deseño, organización e provisión de servizos administrativos.
C18 Identificar os problemas da xestión de recursos humanos en organizacións (públicas e privadas) para experimentar con solucións transversais
C19 Aproximarse aos modelos de xestión pública e de organización de servizos públicos e o deseño, organización e provisión de servizos administrativos.
C20 Coñecer as distintas partes en que se estrutura o Plan Xeral de Contabilidade Pública para a súa aplicación aos distintos entes que integran o sector público estatal
C21 Comprender a estrutura, organización e funcionamento dos diversos gobernos e administracións locais
C22 Adquirir os elementos básicos das habilidades directivas e de relacións humanas
C23 Coñecer teórica e practicamente o funcionamento da contratación pública en España e na Unión Europea
C24 Operar cos procedementos de aplicación dos tributos en todos os niveis administrativos
C25 Manexar os distintos produtos financeiros para tomar decisións entre distintas alternativas no marco das administracións públicas
C26 Achegar os principais enfoques sobre liderado na xestión pública, as habilidades de liderado do directivo e o papel do líder nos equipos de traballo
C27 Comprender os fundamentos teóricos e prácticos da mercadotecnia-mix público e do sector non lucrativo
C28 Saber aplicar os métodos, modelos e técnicas de datos cuantitativos e cuantitativos
C29 Adquirir coñecemento sobre o Dereito dos gastos públicos, as operacións de tesouraría e financeiras e os sistemas, técnicas e normativa de control interno-externo do sector público
C30 Ser capaz de interactuar e desenvolverse nun determinado contexto laboral, público ou privado e aplicar os coñecementos e destrezas específicos adquiridos nas diferentes materias.
C31 Capacidade de definir e elaborar un traballo orixinal (individual ou en grupo) seguindo as orientacións dun profesor/autor/ a. Capacidade de presentación e defensa pública ante un tribunal académico do TFG (formulación, achados e resultados)
C32 Comprender a definición dos problemas e a súa entrada na axenda pública aplicando a metodoloxía específica.
C33 Saber aplicar técnicas de control de calidade nas AA. PP. e comprender os indicadores cuantitativos e cualitativos básicos da xestión pública
C34 Capacidade de formulación de problemas, análises de solucións e desenvolvemento de prácticas entre actores multinivel
C35 Capacidade para xestionar proxectos a desenvolver nunha contorna complexa de problemas públicos
C36 Reflexionar sobre os valores éticos públicos e as consecuencias xurídicas comportamentos antixurídicos
C37 Capacidade de análise e identificación de oportunidades de desenvolvemento existentes a través do aproveitamento dos recursos dispoñibles
C38 Ser capaz de planificar e realizar (integralmente) un proxecto de desenvolvemento nun ámbito territorial e aplicación de políticas públicas de apoio para o seu financiamento
C39 Comprender a planificación e a xestión administrativa dos recursos económico-financeiros, a organización e xestión dos servizos públicos, e coñecer o réxime xurídico financeiro e o financiamento das AA. PP
C40 Comprender o funcionamento das democracias contemporáneas, o comportamento político e as súas ""culturas políticas""
C41 Dominar os mecanismos de avaliación dentro do proceso elaboración e análise das políticas públicas nunha contorna multinivel
C42 Capacidade para elaborar todo tipo de mensaxes e actualizar as demandas de información pública da sociedade
C43 Comprender a influencia do sistema político nos sistemas administrativos de estados OCDE
C44 Utilizar o TIC dun modo seguro e eficiente e manexar distintos formatos de documentos electrónicos
C45 Adquirir os fundamentos do e-Goberno e ser capaz de xestionar e mellorar os instrumentos de e-Administración
D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos
D2 Capacidade de organización, planificación e utilización do tempo e de autocontrol ante situacións de presión
D3 Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias
D4 Habilidade para a resolución independente de problemas en relación con información cualitativa e cuantitativa
D5 Capacidade para a toma de decisións autónoma e independente
D6 Habilidades nas relacións interpersoais (lealdade, actitudes e condutas positivas, etc.) que favorezan a eficacia interpersoal
D7 Motivación pola calidade e a mellora continua e a innovación
D8 Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións
D9 Capacidade para o razoamento crítico creativo e o autocrítico
D10 Capacidade de liderado (disposición a asumir responsabilidades) e de delegación de responsabilidades no manexo de grupos de traballo
D11 Vocación de servizo público e compromiso ético
D12 Capacidade de iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000