Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Financiamento autonómico e local
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nas sesións interactivas presenciais de grupos reducidos proponse a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarea colaborativa, etc. Estas actividades só serán avaliadas para as/os alumnas/os que se someta á avaliación continua. Ademáis, valorarase especialmente a participación activa do alumnado. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba teórico-práctica na que o alumnado terá que demostrar a adquisición das competencias da materia. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas cerradas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...) O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos
constitúe unha versión resumida das leccións que serán
obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle
ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:
1.-

Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final
(60%), probas de resposta curta ou test (20%) e seminarios (20%).  En todo caso, o alumnado deberá alcanzar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle
teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de
avaliación
continua. Os alumnos/as que se someten a avaliación
continua teñen a posibilidade de optar, no prazo establecido pola
docente, pola realización da proba final teórica de modo escrito.
Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC. Para
ser avaliado de forma continua é necesaria a asistencia as
clases teóricas e prácticas con regularidade (en ningún caso a
inasistencia a clase poderá ser superior ao 10% das horas de docencia)
2.-
Alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 80%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. Estes alumnos
teñen a posibilidade de optar, no prazo
establecido pola docente, pola realización da proba final
teórica de modo
escrito. Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles
facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC.

Segunda oportunidade de exame:

1.-
No exame de xuño/xullo só realizarase unha proba final, que
constará de duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán
un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán
distintas preguntas sobre o temario da materia).
2.- O alumnado que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no curso.
3.-
Para os alumnos que non se someten a avaliación continua ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 80%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua.
4.- Aos
alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non
superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin
na segunda, conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema
durante curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste
o seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

O
exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba
teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota.
A cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida
no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame
práctico. Non se terá en conta en ningún caso a avaliación continua
do ano anterior.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL 

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL 

NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE: 

1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir un réxime de  "avaliación continua semipresencial", que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para a dita modalidade. 

2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. A tal fin establécese con carácter xeral, que a proba final obrigatoria terá lugar de modo presencial na data e hora establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade, supoñendo o 60% da nota global. Este exame final consistirá nunha proba teórico-práctica.  O 40% restante corresponderase coa avaliación continua, que pode realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma FAITIC) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais distribuidas ao longo do cuatrimestre.  

3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial” propostas polo profesorado, será avaliado nun 100% en función dos resultados obtidos na proba final teórico-práctica.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000