Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliación, nos exames parciais e final, dos coñecementos teóricos tratados en clase. |
40 |
A1 A2 A4 A5
|
B1 B2 B5
|
C8
|
D4 D5 D7 D9
|
Proporanse diversas actividades semanais para realizar de forma autónoma, ademais do uso dos foros na páxina web de teledocencia. Se o profesorado o considera pertinente, realizaranse ata dous exames parciais ao longo do curso, ademais do exame final nas datas oficiais.
Existen tres formas de superar a materia:
-
Avaliación continua realizando todas as actividades propostas, avaliación e uso dos foros, aparte dos posibles exames parciais, de habelos.
-
Avaliación semicontinua realizando as actividades obrigatorias, que contarán entre un 20%-30% da cualificación final, os posibles exames parciais, de habelos, e o exame final.
-
Realización do exame final.
Espérase do alumnado da modalidade semiprencial que siga a primeira opción (avaliación continua).
Con carácter excepcional, e sempre previa consulta co docente, podería considerarse a realización dalgún dos posibles exames utilizando o horario de titoría.
Segunda convocatoria: A segunda convocatoria constará dun único
exame a realizar na aula de informática, onde se avaliará
tanto a resposta a exercicios teóricos como a probas prácticas.
Importante:
Non se gardará cualificación algunha para futuras convocatorias. |