O docente presentará aos alumnos nas sesións presenciais os aspectos teóricos máis significativos da materia, proporcionaralles a información e a bibliografía necesaria para desenvolver os temas do programa, e así ter os coñecementos básicos para traballar e poder realizar os exercicios prácticos semanais. Nestas sesións proporcionarase ao alumno o mínimo necesario para desenvolver o seu traballo autónomo.
Prácticas en aulas informáticas
Nas horas de docencia práctica os alumnos terán que realizar os exercicios propostos polo docente relacionados co desenvolvemento do contido teórico da materia.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000