Código |
Descrición |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
B5 |
Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas. |
B6 |
Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles. |
B14 |
Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e de calidade. |
B15 |
Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais. |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
C15 |
Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría. |
C16 |
Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes. |
C17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
C18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese. |
D2 |
Capacidade de organización e planificación. |
D3 |
Capacidade de xestión da información. |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisións. |
D7 |
Razoamento crítico. |