Guia docente 2018_19
Facultad de Química
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
 Materias
  Acitividades Formativas Tutorizadas
   Contidos
Tema Subtema
Cursos, seminarios e conferencias sobre temas avanzados en Química Impartidos por especialistas nacionais e internacionais de acreditada solvencia no ámbito da Química, con obxecto de proporcionar ao alumnado unha visión global e actualizada dos aspectos máis novidosos e os avances máis significativos no ámbito do título de Máster.
Simposio científico Conferencias invitadas, impartidas por conferenciantes relevantes no seu campo de traballo.
Comunicacións orais, nas que o estudantado presentará os aspectos máis relevantes da investigación ou do traballo profesional realizado ao longo do curso académico, e que deberá de estar relacionado co proxecto do Traballo de Fin de Master (TFM), cunha estrutura similar a éste (obxectivos, resultados, conclusións…).
En función da dispoñibilidade, deixase aberta a posibilidade de realizar sesións de carteis, nas que cada estudante presentará un cartel relativo ao tema do seu TFM.
Outras actividades obrigatorias Poderán realizarse visitas a empresas relacionadas cos contidos do Máster, en función dos recursos económicos dispoñibles, co obxectivo de conectar os contidos académicos coa realidade industrial e a investigación na industria.
Tamén se poderán organizar seminarios e/ou obradoiros de temática diversa.

NOTA: Algúns dos contidos da materia están suxeitos á dispoñibilidade de recursos humanos e medios materiais, polo que pode ser necesario axustalos ás circunstancias particulares de cada centro. Isto se levará a cabo coa suficiente antelación para garantir a adquisición das competencias da materia por parte do alumnado, e lle será adecuadamente comunicado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000