Seminario |
Nas clases de seminario, o profesor resolverá parte dos problemas/exercicios, deixando outros para ser resoltos polo alumno. A entrega dos problemas/exercicios resoltos é obrigatoria. Para poder avaliar está actividade, o alumno deberá levar a cabo polo menos o 75% das entregas. Ademais será necesario obter unha puntuación mínima de 3 sobre 10 puntos para que a cualificación desta actividade poida sumarse ao resto de elementos de avaliación. |
10 |
A1 A2 A3
|
|
C4 C8 C17 C18 C19 C20 C22
|
D6 D7 D9 D12 D14
|
Traballo tutelado |
A realización dos traballos é obrigatoria. Para que esta actividade poida ser avaliada, o alumno deberá levar a cabo polo menos o 75% das entregas. Ademais será necesario obter unha puntuación mínima de 3 sobre 10 puntos para que a cualificación desta actividade poida sumarse ao resto de elementos de avaliación. |
5 |
A1 A2 A3
|
|
C4 C8 C17 C18 C19 C20 C24
|
D1 D3 D4 D5 D7 D8 D9 D14 D17
|
Probas de resposta curta |
Efectuarase unha segunda proba curta sobre os temas 4, 5 e 6 cara ao final do cuadrimestre. A proba curta poderá consistir en cuestións, problemas e exercicios. A presentación a esta proba inhabilita ao alumno para obter a cualificación de non presentado. |
25 |
A1 A2 A3
|
|
C4 C17 C19 C20 C22 C24
|
D1 D6 D7 D9 D12 D13 D14
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final obrigatorio. Consistirá nunha proba global do temario que incluirá problemas, exercicios e preguntas tipo test. Será necesario obter 3 puntos sobre 10 neste exame para que a cualificación póidase sumar á do resto de elementos de avaliación. |
40 |
A1 A2 A3
|
|
C4 C8 C17 C18 C19 C20 C22 C24
|
D1 D6 D7 D9 D12 D13 D14
|
A participación do alumno en calquera das actividades avaliadas (entregas de problemas e exercicios, probas de resposta curta) inhabilita ao alumno para obter a cualificación de NON PRESENTADO. Para superar as probas curtas así como a proba longa (exame final), será necesario que exista un equilibrio nas cualificacións da parte teórica e dos problemas.
CONVOCATORIA DE XULLO: A cualificación nesta convocatoria estará formada por dous compoñentes: 1. Puntuacións obtidas polo alumno durante o curso (máximo 5 puntos) Manteranse as cualificacións nos traballos tutelados (máximo 0.5 puntos), problemas/exercicios resoltos (máximo 1 punto) e probas curtas (máximo 3.5 puntos).
2. Proba escrita global dos contidos da materia (máximo 5 puntos) Esta proba incluirá problemas, exercicios e preguntas tipo test. Para poder aprobar nesta convocatoria, o alumno debe obter polo menos 3 puntos sobre 10 nesta proba. A presentación a esta proba inhabilita ao alumno a obter a cualificación de NON presentado.
|