A xestión de incidentes de ciberseguridade céntrase no manexo da proactividade para previr e atenuar posibles consecuencias. Acadarase o coñecemento necesario sobre as ferramentas que poidan facilitar a xestión dos incidentes e as recuperacións, a xustificación dos plans propostos para a recuperación e resiliencia, a identificación e clasificación dos posibles incidentes e a definición das canles para a súa xestión e resolución.