Os dispositivos intelixentes estannos proporcionando cada vez máis servizos case sen que sexamos conscientes da súa presenza: o coche deixou de ser unha máquina simplemente mecánica para converterse nun sistema conectado e con un enorme control electrónico; nos hoteis xa non utilizamos unha chave, senón que podemos abrir a nosa habitación con unha tarxeta ou co noso móbil; os termostatos da nosa casa pódense conectar con un servizo de predición meteorolóxica e adecuarse ao tempo das próximas horas. Son todos exemplos das aplicacións que permiten as tecnoloxías "embedded", as redes de comunicacións sen fíos, e en definitiva, a "Internet of Things" (IoT). Esta materia analiza os problemas e as mellores prácticas á hora de facer que este tipo de sistemas sexan seguros.