Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselle ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única. 1. Avaliación continua A avaliación continua consiste nun exame teórico, un conxunto de prácticas de laboratorio e a realización de dous traballos teórico-prácticos (proxectos). O exame teórico incluirá os contidos de todos os temas teóricos da materia e realizarase ao final do cuadrimestre. A cualificación deste exame será de 2 puntos sobre 10. As prácticas de laboratorio realizaranse prefereiblemente en grupos de dous/dúas estudantes e avaliaranse de forma continua durante as propias horas de prácticas (horas tipo B). A cualificación desta actividade será de 1 punto sobre 10. A nota será a mesma para todos os/as integrantes do grupo de prácticas. O primeiro traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 1 ao 5. Consistirá no deseño dun sistema básico de procesamento de sinal. Este traballo realizarase en horas de laboratorio e de grupo pequeno (horas tipo B e C) en grupos de dous/dúas ou máis estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e o sistema implementado. A cualificación desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10. O segundo traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 6 e 7. Este traballo realizarase en horas de laboratorio e de grupo pequeno (horas tipo B e C) en grupos de dous/dúas ou máis estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria, o sistema implentado e, posteriormente, farase unha presentación en horas de grupo C. O peso desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10 (3 corresponden á execución e documentación do proxecto e 0,5 punto á presentación). En ambos os traballos teórico-prácticos aos alumnos/as asignaránselles tarefas individuais e conxuntas. As tarefas individuais terán unha cualificación do 60 % da nota do traballo e as conxuntas o 40%. A nota correspondente ao 40 % será a mesma para todos os/as integrantes do grupo. A cualificación final da materia será a suma das catro avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións: - Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global. - Obter un mínimo do 40 % da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas. No caso de que un alumno/a non obteña o mínimo do 40 % da nota máxima nalgunha das catro actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno/a está suspenso e a nota que figurará na acta será 4 puntos. O alumnado que non supere algunha das avaliacións parciais terá a posibilidade de repetila na segunda oportunidade. Neste caso os alumnos/as serán avaliados só da(s) parte(s) que teña suspensa(s) (exame teórico, prácticas de laboratorio e/ou proxectos). A nota que obteña nesta convocatoria substituirá a anterior. Enténdese que a alumna ou alumnno opta por avaliación continua se realiza as dúas primeiras prácticas de laboratorio e dende ese momento considérase que se presentou á convocatoria. En ningún caso a cualificación final dun alumno que opta por avaliación continua poderá ser de "Non presentado". 2. Avaliación única e convocatoria extraordinaria Os alumnos/as que opten pola avaliación única ou se presenten á convocatoria extraordinaria deberán superar dous exames, un exame teórico de todos os temas da materia e un exame práctico. Cada un terá dúas horas de duración. O exame teórico poderá incluír preguntas de resposta curta, problemas, e/ou exercicios de deseño de sistemas. O exame práctico consistirá na proba final en hardware (utilizando unha placa de desenvolvemento de FPGAs) dun sistema que o alumno deberá deseñar e simular previamente de forma autónoma. Unha semana antes da data que se estableza para o exame o alumno/a deberá entregar unha memoria do traballo realizado e os resultados de simulación. Durante o exame práctico o alumno/a validará o sistema deseñado no hardware. Tanto o exame teórico coma o práctico terán unha cualificación do 50 % da nota final. A cualificación final da materia será a suma das dúas avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións: - Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global. - Obter un mínimo do 40 % da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas. No caso de que un alumno/a non obteña o mínimo do 40 % da nota máxima nalgunha das dúas actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno/a está suspenso e a nota que figurará na acta será 4 puntos. Os alumnos que opten pola avaliación única e non superen a materia terán outra posibilidade na segunda oportunidade. Neste caso só serán avaliados da(s) parte(s) que teña suspensa(s) (teoría e/ou práctica). 3. Outros comentarios - Os exames realizaranse en castelán. O alumno poderá responder o exame, redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán, galego ou inglés. - As notas obtidas na avaliación continua ou na avaliación única só son válidas para o curso académico actual. - Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fóra do alcance do alumno/a. - No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores/as comunicaranlle á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. - No caso de detección de plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a súa cualificación será "suspenso (0)" e non computará na cualificación do resto do grupo. |