Prácticas de laboratorio |
Valorarase a participación activa en todas as clases e a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización.
Puntuarase de 0 a 10.
Para que se some á nota obtida
no exame será necesario obter neste unha puntuación de 4.5 sobre 10.
A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso. |
7.5 |
A2 A4
|
|
C1 C7 C8 C11 C30
|
|
Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.
A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
|