Prácticas en aulas informáticas |
O alumno deberá elaborar os exercicios, casos, modelos de simulación propostos ou decisións do xogo de empresa, dependendo da parte da materia a desenvolver.
Os modelos de simulación de empresas elaboraranse nunha aplicación de folla de cálculo, a partir das explicacións teóricas sobre modelos e indicadores relevantes e as orientacións prácticas do profesor.
No Xogo de empresa os alumnos deberán formar equipos de traballo e tomar decisións sobre a xestión de empresa nos sucesivos periodos do mesmo. Deberán emitir informes sobre as decisións tomadas e sobre a información e os razonamentos utilizados para as mesmas. |
Lección maxistral |
O alumno deberá comprender, reter e aplicar os conceptos e informacións explicados en clase, sobre unha hipotética empresa en proceso de creación baseándose na exposición do profesor dos conceptos ilustrados nas lecturas e dos casos presentados. |