Lección maxistral |
Exposición das bases teóricas e orientación por parte do profesor sobre os contidos do programa. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor, co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas expostas ao longo da clase. |
Traballo tutelado |
Nestas sesións tamén se contará co apoio do profesor, pero os estudantes traballarán en equipo e autónomamente para realizar unha análise propia dun problema de innovación, desenvolver simulacións nas que se apliquen as ferramentas vistas nas clases maxistrais, e un plan de innovación propio. Para este traballo é esencial ter absorvido os coñecementos das sesións maxistrais e desenvolver as habilidades adecuadas durante a resolución dos problemas/exercicios. |