A Avaliación do alumno realizarase do seguinte xeito: - Exame final (50% da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O exame final constará dunha parte teórica e dunha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total do exame e, como mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica. - Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual, nas sesións prácticas (40% da nota final). - Avaliación baseada na participación do estudiante nas distintas actividades de carácter presencial (10% da nota final). As actividades de avaliación nas sesións prácticas só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas (http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html). O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesor/a. Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. O resultado da avaliación expresaráse nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e das notas dos traballos realizados nas prácticas e as actividades presenciais. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10 puntos. A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. IMPORTANTE: O calendario de exames é publicado ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais por se hai cambios no mesmo (http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html). BOAS PRÁCTICAS: - Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a. - Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases. - As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable. - É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. - Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico. - Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora. - O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento. - Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula. - A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a. No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente. |