1.- A avaliación contida nesta guía docente está dirixida a alumnas e alumnos de ensinanza presencial. 2.- Titorías en grupo son de asistencia obrigatoria. Realizaranse duas sesións de 2h e 30' cada unha. 3.- Traballo de aula (sesións de clases prácticas) son actividades de asistencia obrigatoria. Realizaranse seis, de 2h e 30' cada unha. As seis sesións de seminario e as dúas de titoría en grupo proporcionan o 30 % da nota final, sempre que, ademáis, a/o alumna/o obteña un 4 no examen final. A nota obtida nas sesións de traballo en aula e nas titorías en grupo solo terá vixencia nas convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico. 4.-En conxunto, sesións de traballo en aula e titorías en
grupo, deben completar sete sesións de asistencia, como
requisito que o alumnado debe cumprir para seren evaluado por esta
actividade. 5.- Outras: correspondese coa proba parcial e co examen final. A cualificación obtida nesta proba supondrá o 70 % da nota final. 6.- Os alumnos que acceden a cursar estudos de 1º GADE na
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus
Vigo na Convocatoria de Setembro, poderán ser avaliados das materias do
primeiro cuadrimestre mediante o sistema de avaliación continua ou mediante
exame final que permita alcanzar a máxima puntuación. Prevalecerá, por tanto, a nota do exame como
cualificación final, se esta fose
superior á que se obtería mediante o sistema de avaliación continua. 7.- Datas e horarios das probas de avaliación final: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html
|